Si te gusta, comparte:

Unha marea no Gran Sol

[en galego. Ir a la versión en castellano: La puta mar].

Premio Blanco Amor de Novela, 1990

En 1988 Valentín Carrera embarcou no porto de Marín cos mariñeiros galegos do buque As cara ao Gran Sol e no inverno seguinte participou como cronista na Primeira Expedición Española á Antártida. Escrita «á maneira de Truman Capote», despois de ler A sangre fría, como entón lle suxeriu o editor Víctor Freixanes, esta novela é o relato veraz e crú daquelas experiencias mariñeiras. Riosil obtivo en 1990 o Premio Blanco Amor de Novela Longa. A versión en castelán conserva o título orixinal do autor, La puta mar.

O mar céltico. A mítica plataforma dos pescadores de altura. O vello mar dos traballadores antigos. Os peixes pastoreando nos fondos da inmensa chaira submarina do Gran Sol.

Peixes, rapantes, marucas, rodaballos, rapes, bacallaus; a novela do mar a través dos ollos limpos dos seus protagonistas: a tripulación do arrastreiro Riosil que fai as mareas da Chápelle, Penmac´h e Melville, fronte ás costas de Irlanda e Bretaña, loitando pola supervivencia.

Riosil/La puta mar é o retrato épico e sen compracencias da vida mariñeira: as cotas comunitarias, a vida a bordo, a escaseza de capturas, a dureza do traballo, o retorno a casa, o paro, o sexo, o contrabando, a ausencia, a frustración, o naufraxio de vidas e barcos. A historia tráxica de homes de aceiro, convertidos pola mar en puré de patacas. Os ulises galaicos do Riosil viven e morren no Gran Sol, soñando con volver a casa, “a velo burato por onde nacen os nenos”.

Galicia ten 1.300 quilómetros de costa, é a terceira potencia pesqueira do mundo e, sen embargo, carecía dunha novela do mar. Decenas de barcos saen decote dos peiraos de Burela, A Coruña, Marín ou Ribeira cara ós ricos caladoiros do Gran Linguado. Unha boa parte da nosa poboación vive coma os homes do Riosil. Moitos acaban do mesmo xeito.

Editores: Edicións Xerais, 1990
Idioma: gallego
ISBN: 84-7507-496-0

Reseñas:

Descargar inicio cap. 1 (pdf)
Leer un fragmento en Biblioteca Virtual Galega

“La ausencia: clínica del rural marinero gallego”, XVIII Xornadas da Sección de Psicoloxía Clínica, Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Ares, 15 de noviembre de 2013. Descarar pdf ponencia «Ausencia y naufragios emocionales en Riosil».

Ver en Dialnet

 

Cómo conseguir el libro

ebook

Página web Ebooks Bierzo.

amazon

Pedir en AMAZON

en papel

Pedir en iberLibro.com

A

RESERVA TU EJEMPLAR EN UNA LIBRERÍA

Distribuye: Latorre Literaria
ISBN: 978-84-161217-3-1

Quieres recibir más información?