Estrea teatral: Neorretranca e posmorriña

—­­A directora Gena Baamonde e dez fantásticas actrices fan maxia. —­­En xira a primeira producción propia do Centro Dramático Galego.   Como as aureanas da miña terra, que lavaban as augas do Sil cun cedazo fino, a carón das Médulas romanas ou as portas de Valdeorras, e eran quen de atopar pequenas pepitas de ouro, un elenco de dez fantásticas actrices e a directora Gena Baamonde foron quen de facer maxia e sacar ouro da nada. A  nada son dous textos —non chegan a categoría de obra de teatro— de lectura imposible, Fantasía nº 5 en sol ou non...

Read More