¿Qué es una manzana?

Escribe Michael Ignatieff, nunha recomendable lectura para o verán (Fuego y Cenizas: Éxito y fracaso en política, Taurus, pax. 186): «A democracia depende da persuasión… Na política que temos agora, a persuasión está desaparecendo. En democracias parlamentarias e presidencialistas por igual os votos decídense de antemán e nada depende da persuasión, do intento por chegar á bancada de enfrente. […] Cando a persuasión non cabe no debate democrático, os intercambios vólvense inútiles representacións de acritude. Nada reduce máis a estima dun cidadán pola democracia que ver a dous políticos inxuriándose mutuamente nunha Cámara polo demais baleira, e isto é algo común aos Parlamentos de todo o mundo». Uns estudantes do bacharelato internacional do IES Rosalía de Castro compostelán visitaron recentemente o Parlamento de Galicia, para presenciar parte dun dos seus plenos ordinarios. No seu blog, titulado ¿Qué es una manzana?, recolleron as súas impresións tras a visita, das que reproduzo literalmente algúns extractos, deixando constancia de que en ningunha das entradas do blog se fixeron distincións partidistas: as observadoras falan dos «políticos» de todos os grupos, sen distinguir entre «esquerdas rupturistas» ou «partidos sistémicos». Mónica: «Ese pleno parecía un patio de colegio con niños pequeños hablando cada uno de una cosa, sin respetar el turno de palabra, sin mirarse a la cara al exponer el tema que el otro le tenía que debatir, además de gritar e increpar lo...

Read More