manzanas-cezanne

Escribe Michael Ignatieff, nunha recomendable lectura para o verán (Fuego y Cenizas: Éxito y fracaso en política, Taurus, pax. 186): «A democracia depende da persuasión… Na política que temos agora, a persuasión está desaparecendo. En democracias parlamentarias e presidencialistas por igual os votos decídense de antemán e nada depende da persuasión, do intento por chegar á bancada de enfrente. […] Cando a persuasión non cabe no debate democrático, os intercambios vólvense inútiles representacións de acritude. Nada reduce máis a estima dun cidadán pola democracia que ver a dous políticos inxuriándose mutuamente nunha Cámara polo demais baleira, e isto é algo común aos Parlamentos de todo o mundo».

Uns estudantes do bacharelato internacional do IES Rosalía de Castro compostelán visitaron recentemente o Parlamento de Galicia, para presenciar parte dun dos seus plenos ordinarios. No seu blog, titulado ¿Qué es una manzana?, recolleron as súas impresións tras a visita, das que reproduzo literalmente algúns extractos, deixando constancia de que en ningunha das entradas do blog se fixeron distincións partidistas: as observadoras falan dos «políticos» de todos os grupos, sen distinguir entre «esquerdas rupturistas» ou «partidos sistémicos».

Mónica: «Ese pleno parecía un patio de colegio con niños pequeños hablando cada uno de una cosa, sin respetar el turno de palabra, sin mirarse a la cara al exponer el tema que el otro le tenía que debatir, además de gritar e increpar lo que el adversario decía, vamos, como si la sala fuese un estadio de fútbol, el pleno un partido y los diferentes políticos jugadores cuya misión es meterle un gol al rival. Asistimos pues, a un acto en el que los políticos se dirigían unos a otros con palabras vacías, intentando quedar bien de cara al público y sabiendo que dijesen lo que dijesen unos iban a abuchear y otros a aplaudir automáticamente». Sara: «Todo es una campaña electoral continua y se aplauden o se abuchean cuando ellos lo creen conveniente. Trabajan para ellos mismos, para los partidos, pero lo disimulan demasiado bien, ya que nos alimentan con palabras huecas que nos dan esperanza». Reaccións que resume perfectamente Ana no título da súa entrada no blog: «Si no se miran entre ellos, ¿cómo van a mirarnos a nosotros?»; na que afirma: «Nuestros políticos no hablan entre ellos. Y cuando dan sus pequeños discursos uno detrás de otro, no hablan de nosotros. La clase política ha perdido el diálogo, la argumentación, […] y todavía habrá quien se pregunte por qué no nos interesa la política».

Certamente, o feito de que as impresións das estudantes compostelás de bacharelato estean avaliadas por todo un profesor da Universidade de Harvard, ou que sexan extensibles a todas as democracias, con independencia de que sexan parlamentarias ou presidencialistas como lembra Ignatieff, non é consolo dabondo. O blog ¿Qué es una manzana? toma o seu nome dunha máxima de Bernard Shaw: «Se ti tes unha mazá e eu outra e as intercambiamos ambos ficaremos cunha mazá; pero se ti tes unha idea e eu teño outra, e as intercambiamos, entón cada un de nós terá dúas ideas».

Intercambio de ideas, e non de mazás voando con acritude desde unhas bancadas cara as outras. É o que cabe esperar do parlamentarismo. Incluso aínda que o intercambio de ideas no Parlamento só sirva para que haxa máis ideas a considerar e non se altere o previsible resultado das votacións. Xa Lord Palmerston, primeiro ministro inglés a mediados do século XIX, en pleno período do chamado «Goberno pola palabra», recoñecía entón con elegante cinismo: «Os discursos dos meus adversarios fixéronme cambiar moitas veces de opinión, pero nunca de voto».

[Artículo de Pedro Puy, portavoz do PP no Parlamento de Galicia, publicado en La Voz de Galicia el 20/07/14].
Mónica Rodeiro: 0-0 en el Parlamento de Galicia  
Fuego y cenizas
Blog ¿Qué es una manzana?, Instituto Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela,  coordinado por la profesora de Filosofía, Elena Gómez Galkina.
Ilustración: Manzanas, de Paul Cezanne, en blog El Ángel Caído.