Si te gusta, comparte:

Ver PLANETA OCÉANO ESTRESADO EN LA SECCIÓN A CARTA DE TVG.

Emitido por Televisión de Galicia el 8/6/2021.

“Non sei por que chamamos Terra a este planeta, cando o mar cobre máis do setenta por cento de toda a superficie do Planeta Azul, ou mellor: Planeta Océano” di o subcampión mundial de paddle surf, Guille Carracedo, surfeando as ondas do mar de Galicia.

Este primer capítulo, narrado por Sara Couce e Guillermo Carracedo —interpelados nas redes sociais polas voces dun grupo de milenials—, nos conta cómo os océanos son os verdadeiros pulmóns do planeta, a placenta que habitan millóns de seres vivos, desde bacterias ás baleas; e cómo este mar está agora estresado.

A través de poderosas imaxes submarinas, combinadas cos fenómenos climáticos extremos en terra —ciclóns, tornados, tsunamis, choivas torrenciais, ondas de calor, ondas de frío—, coñecemos de primeira man qué está pasando no mar, na pesca ou na acuicultura debido ao quecemento do Planeta e o cambio climático, producindo a febre do Planeta. “¡Está a pasar!”, alertan as espectaculares imaxes desta peza documental, escrita e dirixida por Valentín Carrera para TVG

O relato nos descobre os cambios na Corrente do Golfo, na circulación termohalina, e o funcionamento do océano como o gran facedor do clima; e os factores de estrés como a eutrofización, os cambios de temperatura, densidade, salinidade: “O océano está estresado, parece evidente! O exceso de C02, o quecemento que altera a corrente do golfo e impacta no clima, a acidificación e a eutrofización, a perda brutal de biodiversidade… todos estes factores de tensións producen un mar enfermo, moi grave. Está a pasar!”.