Si te gusta, comparte:

CAPÍTULO 3. TEMPOS DE REVOLUCIÓN E PÓLVORA. LOITA SOCIAL E POLÍTICA (1900-1923)

Unión Galaico – Portuguesa e Folga Xeral Coruñesa. Folga do Peixe. Lei de Sindicatos Agrícolas. Asembleas de Monforte. Congreso Internacional da Paz. Vigo, Congreso Confederación Patronal. Ditadura de Primo de Rivera.

No capítulo terceiro entramos de cheo no século vinte e asomámonos a focos de conflictividade alimentados por unhas condicións de vida precarias. O socialismo e o anarquismo continúan o seu labor de implantación en toda Galicia e mesmo se inician relacións co movemento obreiro portugués. As loitas acadarán a sua maior intensidade nas folgas xerais de mil novecentos un e mil novecentos tres ó tempo que tamén os patróns comezan a organizarse para contrarestar a puxanza obreira.

Naqueles primeiros anos do novo século, Ferrol, berce do movemento obreiro, acolleu o Congreso Internacional da Paz. A crise provocada pola Guerra Europea e a Guerra de Marrocos, coa puntilla do desastre de Annual,  move a solidariedade ós obreiros de todas as tendencias. Pero as súas ilusións e loitas, como a creación da Confederación Regional Galaica, toparán cun muro: en mil novecentos vintetrés, o Exército toma o poder con Primo de Rivera á cabeza e instaura unha dictadura militar.

Una historia del sindicalismo gallego
Serie de televisión, 2000, 6 capítulos, 27 min., emitido por TVG
Dirección: Valentín Carrera
Realización: Pedro Narciso y Lucía Rodríguez
Guión: Antonio Lodeiro, Luís Liste, Carlos Vázquez y Valentín Carrera
Cámara: Francisco Vidinha, Marcos Gallego, Julio Ferreiro y Alberto Trabada
Narrador: Gonzalo Faílde
Presentadora: Uxía Blanco
Música Original: Sergio Cobos, Coplas Populares
Producción: Inmaculada Castaño y Antonio Costa Valente

Descargar ficha catálogo (PDF).