CAPÍTULO 6. POLA VOSA LIBERDADE E A NOSA. A CONQUISTA DA LIBERDADE SINDICAL (1960-1970)
Folgas en Ferrol e Vigo. Eleccións sindicais no vertical. Brañas de Gratiñeiras. Nace a UPG. Expropiacións de Castrelo de Miño. Nacemento de Comisións Obreiras. Proceso dos vintetrés. Folga Xeral en Vigo. Fin da transición sindical (primeiras eleccións democráticas).
Neste capítulo, que nos vai conducir ata ás portas da transición sindical e á conquista das liberdades, achegámonos a unha das páxinas máis senlleiras do movemento obreiro galego. O dez de marzo de mil novecentos setenta e dous, na ponte das Pías de Ferrol, os obreiros Amador Rey e Daniel Niebla caen baixo as balas da policía.
É a explosión dun conflicto laboral que leva semanas de xestación. A Mariña de Guerra, a Policía Armada e a Garda Civil toman militarmente unha cidade sobrecollida polo medo e a ira. Aquel dez de marzo do setenta e dous permanece na memoria do noso país como o día no que os galegos rendemos homenaxe á loita e ó sacrificio de miles de homes e mulleres en defensa da dignidade e dos intereses dos traballadores. Aqueles tráxicos sucesos marcaron o comezo da transición sindical.
Una historia del sindicalismo gallego
Serie de televisión, 2000, 6 capítulos, 27 min., emitido por TVG
Dirección: Valentín Carrera
Realización: Pedro Narciso y Lucía Rodríguez
Guión: Antonio Lodeiro, Luís Liste, Carlos Vázquez y Valentín Carrera
Cámara: Francisco Vidinha, Marcos Gallego, Julio Ferreiro y Alberto Trabada
Narrador: Gonzalo Faílde
Presentadora: Uxía Blanco
Música Original: Sergio Cobos, Coplas Populares
Producción: Inmaculada Castaño y Antonio Costa Valente