Si te gusta, comparte:

—¡Vas á directora, es un abusón! –dixo Bertito, choromicando e sorbendo os mocos.

Albertito, Bertito no cole, subiu moi enfurruñado as escaleiras ata o despacho de dona Pilar:

—¡Me llamó mamarracho! ¡Y chusma!, les dijo a todos que yo era de la chusma y que me había que barrer con una escoba.

Dona Pilar acudiu solícita ao desvalido, soou os moquetes do pillabán e acariñouno maternalmente:

—¿Quién fue?

—Fue el Señorito da Reboraina.

—¡Otra vez!, este rapaz no tiene remedio.

A directora foi onda o Xefe de Estudos:

Santalices, llama a Beiras, que suba a mi despacho, voy tener que castigarlo.

No patio, a melena leonada do Beiras destacaba entre a panda dos malotes. O Beiras xogaba co Gramsci, que trouxera de Sardeña un trompo novo do trinque. Por alí andaba saltando á corda unha pequena con dúas trenzas e un amplo sorriso nos beizos.

—Vai ti, Iolanda, xunto á Xefa, vai ti e dille que como vexa outra vez diante o traficante de bocatas, voulle partir a cara.

Iolanda puxo a bufanda tricolor tecida pola súa avoa de Ferrol, foi onda a directora e encaoruse con ela:

—¿Vostede mirou ben? ¿Non se decatou de que o Bertito lle quitou outra vez o bocata a Xosé Manuel? ¿Non viu que o outro día lle fixo a cambadela e o tirou? Vostede só ten ollos para o seu protexido, ¿non si?

—Pues dígale al señor Beiras que está castigado tres días sin recreo, de rodillas, cara a la pared.

—Pois dígallo vostede, que a min tururú.

—Expulsada tú también –pechou en seco dona Pilar.

Aquela tarde, o Beiras e catro malotes agardaron a Bertito e a Alfonsín á saída e metéronlles un susto no corpo:

—Mira, ¿ves esta vasoira de varrer chusma? Pois como volvas coller o meu bocata, ou toques os libros dos meus compañeiros, ¡métoche a vasoira polo mamarracho e o póñoo no facebook! ¡Veña, liscade!

Así transcorría a vida na Escola do Hórreo, e colorín, colorado, este Parlamento está acabado.

 @ValentinCarrera
Ilustración: Juan de Dios Tenorio, El Mundo
Ver en Galicia Confidencial