Si te gusta, comparte:

Tirando do fío dese retrato que nos achega a esencia de cada persoa, o documental de hoxe mergulla na vida de Milagros Perelló Rey, de Vigo, ex traballadora de “Montajes Cíes”, unha obreira que leva en activo toda a súa vida e que agora está no paro.

O programa das historias íntimas, que nos introduce cada domingo Nieves Rodríguez, preséntanos nesta ocasión, da man do fotógrafo Anxo Cabada, a historia contemporánea dunha muller traballadora, despois da cal viñeron outras novas xeracións que tiveron, ao igual que os homes, que readaptar o seu papel nas sociedades, en que a subalternidade e a suxeción ao modelo patriarcal eran a base do seu comportamento.

Obreira desde os quince anos, alternando os máis diversos traballos, cun matrimonio disolto e con dous fillos, e agora mesmo sen traballo, a de Milagros é unha historia da loita e da abnegación por facérmonos un lugar no mundo.

Emitido por TVG 2/10/2011.