Si te gusta, comparte:

Crónica y análisis de la campaña en Galicia: medios online y redes

[Da Introducción] ”As campañas ás que nos referimos son decididamente líquidas, evanescentes, intermitentes. Facendo zapping na vida. O mitin xa non é o mitin si non hai cen militantes cos seus móbiles e os seus iPhones tuiteando cada frase do líder e outros cen facendo eco, e mil máis retorcendo o sentido, sacándolle punta, desbordando a mensaxe. Si nós, xornalistas e comunicadores empeñados en aprender, con vocación de porosidad, debemos facer un certo esforzo por acompasar o ritmo exponencial das redes, é fácil comprender que salvo algunhas excepcións a maior parte dos nosos políticos naufragan –que non navegan- polas redes como polvos en garaxe, ás apalpadelas, mal aconsellados, ancorados en costumes rancios e en rutinas ultrapasadas.

Que o 15M, en fin, non foi algo efémero –aínda que nos estados maiores dos partidos os coroneis e xenerais non se decataron aínda da voz da rúa-, senón que fusionando medio e mensaxe, mensaxe e medio, como dicía o clásico, o 15M desaparece e se evapora pero xa nada volveu a ser igual desde entón nin nas redes nin na política.

(…)

(…)

O lector interesado atopará nas páxinas que seguen mostras abundantes de todo iso: o noso esforzo procurou beber aquí e alá, a pequenos sorbos, desa realidade líquida, conscentes de que é un torrente en primavera, unha cascada imparable e infinita. Metemos un colador, un cazamariposas, baixo a catarata do Niágara, tal é Internet, tal a intensidade de Twitter, Facebook, e millóns de blogs. A cata é fráxil cuantitativamente, porque non pode ser doutro xeito.

No cualitativo, ofrecemos ao observador interesado as nosas lecturas da campaña, honestamente, subxetivamente, sen pretensión de sentar cátedra; con todo, apenas tres meses despois da campaña, a lectura sosegada –si iso fose posible- de todos os materiais recolleitos neste volume permite unha reconstrución bastante exacta de como foi a campaña. A pincelada é impresionista, pero o cadro ten aires surrealistas. Gustaríanos que neste exercicio de contemplación da realidade, cada lector ou lectora incorporen a súa propia música.

Formato: ebook
Edicións Lea, Santiago, 2012
ISBN 978-84-95444-20-2

Cómo conseguir el libro

ebook

Página web Ebooks Bierzo.

Quieres recibir más información?