Valentín Carrera

Escritor y periodista

TV

O fio do retrato

Un fío de luz transparente, oral, unha fotografía con banda sonora.

Ó fío do retrato é un fío de luz transparente, un fío oral que se recrea na memoria, unha fotografía con banda sonora: a banda sonora da memoria. Ó fío do retrato é, pois, a memoria dunha vida en construcción, a memoria de trece vidas escollidas con agarimo, entre xentes tan diversas como a vida mesma, sementes da realidade galega que agroman por sí, polo seu peso específico, pola súa maneira persoal de encarar a existencia, a loita pola vida, a convivencia en sociedade.

Ó fío do retrato non son vidas exemplares, nin famosos de portadas; son homes e mulleres máis ou menos coñecidos, pero significativos no seu, donos do seu traballo, da súa biografía, do seu destino. Ó fío do retrato é a radiografía que fai, cámara en mano, un fotógrafo singular, Anxo Cabada, unha conversa na que se fai a luz, na que se demora o tempo, na que o espectador aprende algo máis sobre quén somos e de onde vimos, a luz das experiencias alleas que tanto nos enriquecen cando somos quen de saber escoitar. Iso é Ó fío do retrato, un xeito de escoitar que invita ao espectador a implicarse na conversa e seguir, con nós, o fío...

13 capítulos x 26 min., documental
Estreno: TVG, 2011
Realización: Yolanda del Campo
Presentada por Anxo Cabada y Nieves Rodríguez
Diseño:
Uqui Cebra > VER MÁS
Música: Rodrigo Romaní >
ESCUCHAR

GALERÍA: O fío do retrato por Anxo Cabada

Compartir: Compartir por email
BannerBannerBannerBannerBannerBannerBanner
© Valentín Carrera 2017