Valentín Carrera

Escritor y periodista

Libros

Riosil

Unha marea no Gran Sol. Premio Blanco Amor de Novela, 1990

En 1988 Valentín Carrera embarcou no porto de Marín cos mariñeiros galegos do buque As cara ao Gran Sol e no inverno seguinte participou como cronista na Primeira Expedición Española á Antártida. Escrita "á maneira de Truman Capote", despois de ler A sangre fría, como entón lle suxeriu o editor Víctor Freixanes, esta novela é o relato veraz e crú daquelas experiencias mariñeiras. Riosil obtivo en 1990 o Premio Blanco Amor de Novela Longa. A versión en castelán conserva o título orixinal do autor, La puta mar.

O mar céltico. A mítica plataforma dos pescadores de altura. O vello mar dos traballadores antigos. Os peixes pastoreando nos fondos da inmensa chaira submarina do Gran Sol.

Peixes, rapantes, marucas, rodaballos, rapes, bacallaus; a novela do mar a través dos ollos limpos dos seus protagonistas: a tripulación do arrastreiro Riosil que fai as mareas da Chápelle, Penmac´h e Melville, fronte ás costas de Irlanda e Bretaña, loitando pola supervivencia.

Riosil/La puta mar é o retrato épico e sen compracencias da vida mariñeira: as cotas comunitarias, a vida a bordo, a escaseza de capturas, a dureza do traballo, o retorno a casa, o paro, o sexo, o contrabando, a ausencia, a frustración, o naufraxio de vidas e barcos. A historia tráxica de homes de aceiro, convertidos pola mar en puré de patacas. Os ulises galaicos do Riosil viven e morren no Gran Sol, soñando con volver a casa, “a velo burato por onde nacen os nenos”.

Edicións Xerais de Galicia, 1990
Compra: Pronto disponible en e-book
¡Descarga una muestra!
Compartir: Compartir por email
BannerBannerBannerBannerBannerBannerBanner
© Valentín Carrera 2017