Valentín Carrera

Escritor y periodista

Libros

Formación no sector audiovisual

Aprender a aprender y aprender a seguir aprendiendo.

 

No ensino tradicional existía un conxunto –máis ou menos cerrado- de coñecementos que, en palabras do sociólogo Manuel Castells "debíamos traspasar dos libros á cabeza do mestre e este á dos nenos. Hoxe iso non é posible (...) Urxe cambia-lo modelo transmisivo por outro no que o esencial non sexa o coñecemento mesmo, senón a capacidade de adquirilo". Noutras palabras, trátase de "aprender a aprender" e de "aprender durante toda a vida".

Esta necesidade de "aprender a aprender" afecta horizontalmente a toda a sociedade, a tódo-los oficios e profesións, a todo o sistema educativo e a tódalas persoas. Pero en sectores de valor estratéxico, como o audiovisual, tamén a formación ten alcance estratéxico. Na producción audiovisual, unha empresa ou un profesional, que non dediquen parte substancial da súa xornada laboral á formación, corren o risco de quedar fóra de xogo a curto prazo.

As ferramentas e as capacidades que manexamos varían continuamente: o contorno audiovisual é turbulento, o escenario tecnolóxico e productivo no que se desenvolven as nosas empresas modifícase a diario e aceleradamente. Dende esta perspectiva, o novo sector audiovisual galego –cabal na súa maioría de idade, confirmada pola sociedade, os poderes públicos, a TVG e o Parlamento de Galicia- está dando pasos firmes para ofrecer una resposta áxil e flexible á súas demandas de formación.

Por iso, en decembro de 2000, Asociación De Productores Independentes (AGAPI), asinou coa Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, o convenio que fixo posible este estudio. Dedicamos un ano a elabora-lo primeiro diagnóstico das necesidades formativas do sector audiovisual galego, utilizando a metodoloxía do proxecto GALADAPT, o que permitirá acomodar a medio prazo a oferta formativa á demanda real de formación do sector. [Do Prólogo de Valentín Carrera]

Descargar estudio en PDF (versión en gallego, 336 pp.)

Compartir: Compartir por email
BannerBannerBannerBannerBannerBannerBanner
© Valentín Carrera 2017